Iniciar sesión: Acceso

Horenychi Secondary School

 

 

Hai só unhas poucas semanas os encantadores estudantes da nosa escola amiga Horenychi Secondary School (de Gorenychi, moi preto de Kiev) presentábannos nunha reunión virtual as marabillas do seu país e convidábannos a todos a ir a visitalos. Traballaramos con eles nun gran proxecto eTwinning o curso pasado, grazas á súa profe Anna.

Un mes antes, fomos nós quen lles amosábamos Portas, lles falábamos sobre Domingo Fontán e nos felicitaron alegremente polo 50º aniversario do CPI!

Non temos palabras para describir a dor e a impotencia que nos causan as novas que veñen dende Ucraína, dinnos que por agora se atopan ben, pero non podemos imaxinar cómo poden sentirse baixo constantes ataques e misiles. Dende aquí só podemos enviarlles o noso ánimo e desexar que todo acabe pronto e ben!

 

Hoxe, tras unha semana de guerra, enviaronnos cómo están a vivir este pesadelo:

 

 TRADUCCIÓN

 

 

 

European Quality Label

 

O Equipo de proxectos europeos do CPI ven de recibir o SELO DE CALIDADE EUROPEO polo seu proxecto "Europe is the Way".

O equipo da plataforma eTwinning enviounos esta fermosa mensaxe de noraboa:

 

Todos estamos moi satisfeitos por este recoñecemento internacional ao noso traballo e ao dos nosos alumnos da ESO.

Grazas a todos!!!

 

 

Preme aquí para ver o resumo (Mapa Interactivo)

Preme aquí para ir ao TwinSpace (páxina do proxecto en eTwinning)

 

 

Acábannos de enviar unha placa conmemorativa do Selo de Calidade Europeo de eTwinning que colocamos á entrada do noso CPI, xunto á placa que nos enviaran o ano pasado co gallo da nosa participación no Proxecto de Mobilidade Erasmus+ KA1.

Moitas grazas polo recoñecemento e polos ánimos para seguir facendo Proxectos Europeos!

 

Se queres saber máis sobre os nosos proxectos europeos "Abrindo Portas a Europa" visita o noso blog premendo AQUÍ.

 

 

 

 

FOTOS CPI

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer