Skip to Content

Criterios Programacións 3ª Avaliacion 2019-2020

CRITERIOS SECUNDARIA  

 

CRITERIOS XERAIS DO CENTRO PARA TODO O ALUMNADO:

 

 

PREMER NA MATERIA

PARA CONSULTAR AS  ADAPTACIÓNS DA 3ª AVALIACIÓN

_________________________________________________

 

  1. O curso académico 2019-20 remata o 19 de xuño.

  2. As destrezas, contidos e competencias que se traballarán durante este 3º trimestre son avaliables.

  3. A avaliación ordinaria do alumnado do CPI Cruz do Sar será realizada o 22 e 23 de xuño de 2020.

  4. O prazo de reclamación ás cualificacións da convocatoria ordinaria de xuño serán os días 25 e 26 de xuño de 2020.

  5. Traballo, actividade a distancia e avaliación neste terceiro trimestre:

 

    • As actividades, tarefas e traballos que se realizarán durante o 3º trimestre serán de dous tipos:

      • Tarefas de recuperación das avaliacións suspensas e das materias pendentes de anos anteriores.

      • Tarefas de repaso, reforzo e ampliación que permitirán mellorar a cualificación final do curso.

    • A cualificación final da convocatoria de xuño é o resultado das cualificacións da primeira e segunda avaliación, podéndose engadir entre 0 e 2 puntos co traballo das probas de repaso, reforzo e ampliación, segundo os criterios do profesorado de cada materia.

    • O alumnado que teña superado positivamente a primeira e segunda avaliacións, ten aprobada a/as materia/as correspondentes. As actividades de ampliación ou de reforzo só poden servir para unha mellora da cualificación final. Para que iso suceda estas actividades deben mostrar un aproveitamento positivo por parte do alumnado.

 

  1. Os Equipos de Nivel e os Departamentos didácticos aclararán nas súas instrucións as tarefas a realizar e como se cualifican ditas tarefas.

  2. Todos os/as alumnos/as que non acaden os obxectivos, competencias e contidos definidos como imprescindibles nunha materia serán avaliados negativamente.

  3. A decisión de promoción/titulación será unha competencia da Xunta de avaliación. A decisión será colexiada.

  4. A promoción en Primaria farase en xuño e para Secundaria a promoción será en xuño e setembro (o alumnado con materias suspensas non poderá promocionar en xuño e terá que presentarse as probas de setembro para promocionar).

  5. Estas normas xerais de centro afectan a todo o alumnado do centro: Educación Primaria e Secundaria.

  1. Secundaria: Alumnado con materias pendentes:

    • A cualificación do alumnado con materias pendentes de cursos anteriores dependerá das probas e/ou actividades de recuperación que este alumnado tivera realizado antes do 13 de marzo de 2020.

    • Se o/a alumno/a tivera realizadas todas as probas e/ou actividades de recuperación da materia pendente cunha cualificación positiva, a cualificación do alumnado será a que corresponda segundo se recolla na Programación do Departamento didáctico correspondente.

    • Para o alumnado con materias pendentes que non ten realizadas actividades e/ou probas suficientes ou ten unha cualificación insuficiente nas xa realizadas antes do 13 de marzo os Departamentos didácticos establecerán medidas para que poida recuperar estas materias durante o 3º trimestre.

    • Cada departamento didáctico fará públicos os estándares e contidos mínimos das materias que ten adscritas. Os criterios de cualificación das actividades de recuperación, a ponderación das actividades de ampliación e os criterios de cualificación do alumnado con materias pendentes dos cursos anteriores son competencia dos Departamentos Didácticos. Cada Departamento Didáctico dará a coñecer ao alumnado e familias os seus criterios.

_____               

 

 

 

 

 

 



a | by Dr. Radut