Skip to Content

Blog da biblioteca

Reparto de agasallos do concurso do nome da biblioteca

Chegou o mes de decembro e con el os agasallos!

Ao longo desta mañá repartíronse os premios para o alumando participante no concurso do nome da biblioteca, unha goma de Minilentiña de diferentes cores, e tamén os que conseguiron aqueles cinco rapaces e rapazas que achegaron cadanseu nome finalista, uns álbums fotográficos sobre o bosque e os fondos mariños.

Moitos parabéns ao alumnado premiado!

Primaria

                                                  1ºA 

 

 

                                           1ºB

 

 

 

                                                   2ºA

 

 

                                                            2ºB

 

 

                                                    3ºA

 

                                                              3ªA

 

 

                                                                3ªB

 

 

                                         4ªB

 

 

                                                        5ªB

 

 

                                                            6ªA

 

 

                                                               6ºB

 

 

Secundaria

                                                                  2ºA

 

 

  

                                            2ºB

 

 

                                                             4ªAB

 

Estade moi atentos durante a vindeira semana pois Lentiña, Cova e Terreña anunciaranvos cal será o novo nome da biblioteca escolar e, avísovos!, os nosos sapoconchos están con moito flow outonal.

 

Agradecementos ao apoio loxístico e gráfico de María Fernández e Jéssica Piñeiro.

Visita do alumnado de 1º da ESO á Biblioteca Municipal de Baiona

Este martes 23 de novembro o alumnado de 1º da ESO visitou a Biblioteca Municipal de Baiona, actividade organizada polos Departamentos de Lingua castelá, Lingua galega e a Biblioteca do centro.

A rapazada coñeceu as dependencias da man de Cristina Vilar, a quen lle agradecemos moito as súas instrutivas explicacións, e até algunhas rapazas se animaron a recrear unha pequena función de monicreques.

Parte do alumnado de 1ºA (Leo, Aitor, Lucía, Carolina, Antón, Lucas, Iago e Benjamín) con Cristina.

Grupo de 1ºC (David, Lucía Sarmiento, Raquel, Alejandra, Aitana, Lola, Leyre, Lucía Alonso, Catalina, Sarai, Sara, Adriana, Sindo e Uxía) con Ana Zamorano.

 Parte do grupo de 1ºA: espectadores (Ángel, Daniel, David, Mateo e Mario) e actrices (Rosana, Inés, Laura e Ciara).

 

 Parte do grupo de 1ºB (Uxía, Xiana e Lía) representando o conto do Coelliño Branco.

Selección de lecturas para Samaín

Bo día, 

O equipo de biblioteca, en colaboración coa Estadea, facilítavos unha listaxe de obras de lectura axeitadas para celebrar o Samaín ou o Día de defuntos

 


 

Un saúdo espectral,

O equipo de biblioteca

Samaín lector

No día das bibliotecas os nosos sapoconchos andan a preparar o día de defuntos ou Samaín e as lecturas que nos van propoñer para pasalo de medo

Felices lecturas neste día de néboa mesta e orballo.

Concurso nome da biblioteca

Bo día a todos e todas,

O equipo de biblioteca anímavos a participar no concurso para poñerlle nome á casa de Lentiña, Cova e Terreña.

En Conserxería poderedes encontrar as fichas que debedes cubrir para participar e logo depositalas na urna que alí estará situada. Todos os participantes levarán un pequeniño presente por colaborar cos nosos sapoconchos lectores.

data límite para achegar as vosas propostas será o vindeiro 26 de outubro.

Posteriormente, o día 28 de outubro o equipo da biblioteca escollerá 5 das vosas propostas que serán premiadas cun agasallo. E, entre o 28 e o 29 de outubro, abrirase un formulario na Aula Virtual para que toda a comunidade educativa poida votar polo nome gañador.

Animádevos a participar!!

 

 

Saúdo e presentación das mascotas da biblioteca

 

Bo día a todos e todas, 

Desde a Biblioteca queremos darvos a benvida a un novo curso escolar e comprácenos presentarvos as nosas novas mascotas: Cova e Terreña, que xunto con Lentiña nos acompañarán durante todo este ano para animarvos e motivarvos coas diferentes lecturas.

 

 

Moita atención ás novidades das nosas tres tartarugas lectoras! 

 

Concurso de ortografía: Xa temos gañador!

O noso concurso de ortografía xa ten gañador!

O 23 de abril, coincidindo co Día do libro, sorteouse entre todas as participacións (88) o libro electrónico premio do concurso. O gañador foi Anxo Giráldez, de 5ºB Ed.Primaria, que participou con dous erros atopados.

 

O sorteo foi emitido en directo por videoconferencia segura tras a visualización do vídeo remitido polo Sr. Alcalde de Baiona co motivo do Día do Libro.

Concurso de ortografía

O equipo de Biblioteca convoca o concurso de ortografía aberto a toda a comunidade educativa.

Se "cazas" un erro ortográfico ou grella en carteis, xornais, etc preséntaos ao concurso do 1 de marzo ao 22 de abril na conserxería do centro. Está en xogo un libro electrónico!

Aquel error gramátical | Desmotivaciones

Esta actividade pretende potenciar o valor da expresión escrita, a posta en valor da lingua, o espírito crítico, a observación, fomentar o correcto uso da lingua,...

Conmemoración do Día da Paz

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e non violencia.

Coas mensaxes do noso alumnado o equipo de biblioteca preparou este vídeo.

O luns 1 de febreiro coñecemos aos gañadores e gañadoras do Certame literario Dolores Agrelo que organiza a ANPA do centro educativo con importante premios en material escolar.

[Lista de gañadores e gañadoras e fotografías nos ficheiros adxuntos]

Apertura da nova biblioteca

Despois de moitos avatares, unha reforma integral, unha mudanza e polo medio unha pandemia mundial, Lentiña volve chea de libros á súa nova casiña, a nosa biblioteca do CPI de Cova Terreña. Despois de moito traballo, os profesores e profesoras xunto co Equipo de Biblioteca quere darvos a BENVIDA a un novo espazo amplo, luminoso e agradable, creado con moito agarimo para todos vós. Aínda que seguimos en construción, desexamos que o gocedes e que poidades sacarlle o máximo partido.

Como é Lentiña, a nova biblioteca?

A nova biblioteca atópase na planta baixa do centro, xusto diante do acceso ao patio norte. Aquí tedes algunhas imaxes do que poderás atopar nela:

A distribución de seccións é a seguinte:

A Clasificación Decimal Universal (CDU)

As bibliotecas de todo o mundo están organizadas segundo a Clasificación Decimal Universal, chamada CDU. Este sistema consiste en en darlle a cada libro unha numeración segundo o tema. Todos os libros coa mesma numeración tratan o mesmo tema e están na mesma sección.

A CDU clasifica todos os libros en categorías numéricas, cuxo primeiro díxito indica a súa temática xeral. Segue a Lentiña no seu percorrido polas CDUs.

Dentro de cada categoría numérica a nosa biblioeca ten as seguintes subcategorías.

Despois do código numérico da sección onde se atopa o libro, na CDU aparecen as tres primeiras letras do apelido do autor, e por último as tres primeiras letras do título, sen contar artigos e preposicións.

Por exemplo:

Se buscamos O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, a súa clasificación será a seguinte:

82-N

RIV

lap

Normas da biblioteca

  1. A duración do empréstito é de 15 días. Poderá ampliarse se o libro non ten demanda.
  2. Podedes reservar un libro.
  3. Na biblioteca deberás estar en silencio.
  4. Prégase non levar ningún tipo de comida nin bebida á biblioteca.
  5. O uso dos libros será sempre coidadoso.
  6. Despois de ler un libro tedes que colocalo no carriño.
  7. Podedes empregar os ordenadores para consultar información, enciclopedias, CD ou DVD. Se escoitas música terás que pedir uns cascos.
  8. NON se empregará internet sen a supervisión do profesor ou encargado da biblioteca.

Protocolo COVID

  • O uso da máscara será obrigatorio para acceder á biblioteca para todo o alumnado, inclusive para Ed.Infantil, como medida hixiénica preventiva, polo posible uso das instalación por diferentes grupos de diferente etapas na mesma xornada lectiva.
  • Será obrigatoria a hixiene de mans con xel hidroalcólico tanto á entrada como á saída da biblioteca.
  • O alumnado desinfectará o seu posto antes e despois do seu uso.
  • O emprego de xogos de mesa queda restrinxido.
  • O alumnado que empregue material común (ordenadores) deberá desinfectalo antes e despois do seu uso.
  • A biblioteca disporá de dous carriños específicos para realizar unha corentena ata o día seguinte de todos os libros utilizados (tanto por consulta na biblioteca como por empréstito).
    • Consulta na biblioteca: o alumnado deixará os libros, periódicos ou revistas consultados no carriño.
    • Empréstito: o profesorado de garda depositará os libros devoltos no carriño para a correspondente corentena ata o día seguinte.
  • Ventilación: a biblioteca permanecerá ventilada de forma permanente mediante unha apertura mínima de 5 cm en ambos os extremos das ventás que dan ao patio.

Agora que liches esta guía, podes amosar o que aprendiches neste cuestionario da aula virtual.

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Dende o Equipo de Biblioteca, este curso queremos celebrar o Día do libro tamén dende a casa. Por este motivo, fixemos estes vídeos para animarvos á lectura e para mandarvos moito ánimo.

Un Clic para unha mensaxe do equipo de Biblioteca.

Un Clic para unha "historia de libros"

E un Clic para ver as vosas fotos de Covaquedanacasa cos vosos libros favoritos

Boas lecturas a tod@s.

25-NOV, Punto lila na Biblioteca

O equipo de Biblioteca preparou o "Punto Lila" a disposición de toda a comunidade educativa.

Contra a violencia, Educación. E non hai Educación sen lectura.

Lipdub: "Manteña aos nen@s ao alcance dos libros"

O equipo de Biblioteca, co gallo do Día do Libro, quixo involucrar a todo o alumnado do centro nun lipdub no que facemos un percorrido polo noso centro guiados polas nosas lecturas favoritas.

 

Lipdub: "Deixemos aos nenos ao alcance dos libros"

O equipo de Biblioteca, co gallo do Día do Libro, quiso involucrar a todo o alumnado do centro nun lipdub no que facemos un percorrido polo noso centro guiados polas nosas lecturas favoritas.

 

Apadriñamento Lector 2018/2019

O martes 30 de abril a meteoroloxía permitiunos realizar a actividade de lectura compartida co gallo da celebración do Día do Libro.

Todo o alumnado do centro participou na actividade.

Primeiramene, no patio sur, entergáronse os premios de creación literaria sendo as gañadoras:

  • Itziar Misa da Cuña
  • Celia Durán Muro
  • Ana Cabreira Cedeira

Posteriormente entregouse o premio do Concurso de Ortografía sorteando entre os participantes un e-book que lle correspondeu a Carla Varela Silva.

Finalmente, o alumnado distribuíuse por todo o patio para gozar da lectura compartida.

Día do Libro: Lecturas compartidas

O 23 de abril celebramos o Día do Libro con moitas actividades. Entre elas tivemos Lecturas compartidas onde tomamos o patio, o noso libro, mantiña e coxín e compartimos lectura entre maiores e pequenos.

Unha árbore que crece coa lectura

A nosa biblioteca presenta este curso unha árbore que está a medrar coas lecturas do noso alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut