convivencia

samaín

Despois de ver a película de "COCO" fixemos unha merendola do samaín con plátanos de momia, pantasmas de palomitas, arañas de gominola, etc.

samaín

actividades do samaín

Os alumnos de segundo fixeron o corcho do samaín  poñendo en práctica a técnica do zetangle, que axuda a concentración, e atención, de ahí que mellorea a convivencia dentro da aula.

actividades do samaín

Día da Muller

O 8 de marzo o alumnado de 6º curso realizou un mural colaborativo para celebrar o día da Muller.

 

Vea artística

Aproveitamos o Entroido para facer unha obra de teatro con tod@as as personaxes das que nos disfrazamos. Cada un tiña adquirida unha responsabilidade para que todo funcionase. 

Saída a Naturmaz

Día de convivencia en Naturmaz onde todo o alumnado participou nas distintas actividades ofertadas. Realizaron actividades como: tiro con arco, escalada, busca do tesouro... 

Para poder realizar algunha das actividades era necesario o traballo en equipo, para así conseguir o obxectivo marcado.

 

Taller de elaboración de iogures

Durante o segundo trimestre, o alumnado de 4° e 6° de infantil traballou a vaca. Entre outras actividades para achegarmos ao coñecemento dos produtos lácteos fixemos iogures. Para mostra, tedes na foto un equipo de cociñeiros de 4° de infantil. 

Taller de elaboración de iogures

Sementamos, coidamos e transplantamos

Durante este curso o alumnado de infantil está involucrado nun proxecto de horto escolar. No caso do alumnado de 3 anos, fomos os encargados de sementar e coidar os tomates cherries. Primeiro plantámolos, logo coidámolos e recentemente transplantámolos, levando cada neno e nena o seu tomate para a casa. 

Sementamos, coidamos e transplantamos

Reducir, reciclar e reutilizar

O alumnado de 4° de eso coa axuda de Lucía impartiu durante este mes de abril un obradoiro de reciclaxe ao alumnado de infantil. Os nenos e nenas explicáronlle a importancia das tres “R”, onde se tira cada tipo de residuo e tamén sobre a importancia de coidar o planeta. Aprenderon moitísimo!

Reducir, reciclar e reutilizar
Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión