O edificio con planta baixa e 1º andar consta de dúas partes. A máis antiga foi construída no ano 1974 e nela están as aulas de primaria, de secundaria e o comedor. Na outra parte, construída no 1999, están as dependencias administrativas, a sala de profesores, o ximnasio, as aulas específicas e a biblioteca.
O centro ten rampas de acceso, tanto no exterior coma no interior, e un ascensor, paliando así as barreiras arquitectónicas.
Nun edificio anexo, moi próximo ao principal, están as aulas de infantil, a de atención a alumnos de primaria con necesidades específicas de apoio educativo, e a de audición e linguaxe.
A carón dos edificios hai unha pista de tenis, un patio de columpios, dous patios de xogos con porterías de fútbol – sala e canastas de baloncesto, e unha pista de balonvolea. Conta tamén, cuns terreos anexos onde se sitúa o horto escolar e o "bosque dos nenos".
A escasos metros atópase o polideportivo municipal que utilizan os alumnos do colexio en horario lectivo, e unha piscina descuberta con duchas, vestiarios e xardín, que funciona na época estival.
Para os días de choiva hai dúas zonas de patios cubertos ademais da entrada principal do colexio que serve para tal fin.
Todo o recinto escolar está totalmente pechado, contando con cámaras de seguridade e cun portón automático, que serve para a entrada e saída de vehículos, peóns e autobuses, con video-porteiro.
No que se refire ás aulas o centro consta de:
-25 aulas ordinarias.
-1 aula de apio a alumnos con dificultades de primaria e infantil.
-1 aula de audicción e linguaxe.
-1 aula de apoio a alumnos con dificultades de secundaria.
-1 aula para plástica.
-1 aula de música.
-1 aula de tecnoloxía.
-1 laboratorio.
-1 biblioteca.
-1 aula de informática.
-1 ximnasio.
-despachos de dirección.
-1 sala de profesores
-1 departamento de orientación.
- 2 conserxerías.
- 3 departamentos
-e 1 comedor escolar.
Para casos de urxencia sanitaria existen 4 botiquíns (na cociña, na aula de tecnoloxía, saliña do encargado do comedor e no edificio de infantil), 1 camilla e 2 mantas.