FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Instruccións para o alumnado da ESO

 

Cada titor/a entregará aos alumnos beneficiarios o listado de libros e os libros que lles corresponden dos que o Centro dispón de exemplares. 

Hai libros non están aínda dispoñibles, pero os proporcionará o Centro á maior brevidade posible.

As familias devolverán asinado o recibo dos libros prestados unha vez teñan todos os exemplares.

As familias deben mercar os libros e cadernos que non aparecen no listado.

As familias do alumnado da convocatoria de setembro beneficiarias das axudas de material poden recoller os cheques na Secretaría.

En Fene, a 14 de setembro de 2017

 

A dirección