Procedemento para o acceso dos pais, nais e titores a os exames ou produccións propias obxecto de cualificación dos alumnos/as.

Segundo se establece na ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, no decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, como o citado Decreto 86/2015, en relación coa participación das persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal no proceso educativo concretan que, de conformidade co establecido no artigo 4.2.e) da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, e de acordo coas previsións da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, os pais, as nais ou as persoas que exerzan a titoría legal deberán participar e apoiar a evolución do proceso educativo dos seus fillos, das súas fillas ou das persoas que tutelen, así como coñecer as decisións relativas á avaliación e á promoción, e colaborar nas medidas de apoio ou reforzo que adopten os centros docentes para facilitar o seu progreso educativo, e terán acceso aos documentos oficiais de avaliación e aos exames e documentos das avaliacións que se lles realicen aos seus fillos, fillas ou persoas tuteladas.

Cómpre deseñar un protocolo que facilite este acceso, e que distinga entre o proceso a seguir para o alumnado de Ed. primaria e o de secundaria, pois a autonomía do alumnado deberá ser maior a medida que o alumnado teña maior idade.

O claustro do CPI A Xunqueira informou favorablemente este protocolo  na reunión celebrada o 29 de novembro de 2021. O Consello Escolar aprobou este protocolo na reunión celebrada o 29 de novembro de 2021.

Este protocolo  engádese ás Normas de Organización e Funcionamento do centro.

AdxuntoTamaño
solicitude exame anexo I.pdf149.21 KB
recibo entrega copia exame.pdf149.21 KB
protocolo acceso exames.pdf201.2 KB