Axudas libros de texto e material escolar curso 21-22

 

PRESENTACIÓN POR VÍA ELECTRÓNICA

 

 

As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 Tamén se poderá presentar a solicitude presencialmente no centro    CON CITA PREVIA  (881 930110)

OFERTAMOS A POSIBILIDADE DE CUBRIR A SOLICITUDE NO CENTRO (igual que no curso pasado), para isto deberá pedir cita antes do día 4 de xuño. A partir dese día serán as familias as encargadas de cubrir as solicitudes.

Nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO o centro participa no programa EDIXGAL (cada alumno/a terá o seu propio ordenador) e non se pode solicitar préstamo de libros, só se poderá solicitar axuda para material escolar, en caso de corresponder.