Xornada de portas abertas

Non é necesario concertar cita previa.

Ciclo de sesións do Concello de Fene

O Concello de Fen organiza unhas sesións que se van a realizar na casa da cultura de Fene a partir do luns 13/11/23.

O enlace na web é: https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/7626

 

Folla de inscrición

Modificación das NOF

O claustro e o Consello Escolar, na reunión celebrada o 30 de outubro de 2023 aprobaron modificar no capítulo XI das NOF o punto 5, sobre as entradas e saídas.

Na seguinte ligazón accédese á nova redacción deste punto:

Capítulo XI. Punto 5 Entradas e saídas 

Procedemento para o acceso dos pais, nais e titores a os exames ou produccións propias obxecto de cualificación dos alumnos/as.

Segundo se establece na ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, no decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, como o citado Decreto 86/2015, en relación coa participación das persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal no proceso educativo concretan que, de conformidade co establecido no artigo 4.2.e) da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, e de acordo coas previsións da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, os pais, as nais ou as persoas que exerzan a titoría legal deberán participar e apoiar a evolución do proceso educativo dos seus fillos, das súas fillas ou das persoas que tutelen, así como coñecer as decisións relativas á avaliación e á promoción, e colaborar nas medidas de apoio ou reforzo que adopten os centros docentes para facilitar o seu progreso educativo, e terán acceso aos documentos oficiais de avaliación e aos exames e documentos das avaliacións que se lles realicen aos seus fillos, fillas ou persoas tuteladas.

Cómpre deseñar un protocolo que facilite este acceso, e que distinga entre o proceso a seguir para o alumnado de Ed. primaria e o de secundaria, pois a autonomía do alumnado deberá ser maior a medida que o alumnado teña maior idade.

O claustro do CPI A Xunqueira informou favorablemente este protocolo  na reunión celebrada o 29 de novembro de 2021. O Consello Escolar aprobou este protocolo na reunión celebrada o 29 de novembro de 2021.

Este protocolo  engádese ás Normas de Organización e Funcionamento do centro.

Relación de material escolar para o 3º ciclo de primaria

Na seguinte ligazón pódese acceder á relación do material escolar recomendado para o alumnado do terceiro ciclo de primaria (5º e 6º)

Ligazón ao ficheiro

Inicio do curso 23/24

As clases comezarán para todos os niveis educativos o luns 11 de setembro ás 08:45 horas.

ENTRADA

Ed Infantil

As familias acompañan ao alumnado ata o porche. 

As mestras abren as portas ás 08:50 e recollen ao alumnado. 

Ed Primaria

O alumnado colocarase en filas no porche entre as 08:30 e as 08:45. 

As filas xa están marcadas no chan diante da porta de acceso.

As familias deben esperar fora do porche para unha boa organización.

 ESO

O alumnado entrará directamente ao ximnasio pola porta lateral entre as 08:30 e as 08:45.

As familias non entran ao recinto. 

SAIDAS

A saída en infantil será ás 13:35, e as familias entrarán ata o porche onde as titoras farán entrega dos nenos e nenas.

O resto do alumado sairá ás 13:45. 

Ao alumnado de primaria o entregarán os titores ás familias na porta lateral da avenida do mar; pregamos que non entren ao recinto para facilitar a entrega.

O alumnado da ESO sairá so sempre que así o teña autorizado a familia.

Todo o equipo docente e non docente do centro deséxavos un feliz curso curso 23/24

Distribuir contido