APA O Forte

XORNADA DE DEFENSA PERSOAL PARA NAIS/PAIS SOCIOS DA ANPA

Tagged:  


O próximo 25 de marzo de 2022 vaise impartir no Ximnasio municipal una xornada gratuíta de Defensa Persoal, para os pais e nais socios/as da ANPA “O Forte, que queiran asistir, en horario de 21,00 a 23,00 horas.

Quen este interesado en participar ten que mandar un correo electrónico co seu nome e apelidos ao correo da Anpa: anpadoforte@gmail.com . Son 30 prazas, as ofertadas e a inscrición vaise facer por orde de entrada. O prazo para facelo é ata o próximo 21 de marzo incluído.

A actividade levaráse a cabo cumprindo a normativa vixente referida ao Covid-19 e será obrigatorio o uso da mascarilla.

No caso de que sobren prazas ofertarase ós pais/nais que non sexan socios/as desta Anpa.

 Atentamente,

A Xunta directiva  

SONDAXE SOBRE NECESIDADE DE CONCILIACIÓN

Tagged:  

Dende o centro, a todas aquelas familias que estades vindo a devolver os libros de préstamo, estanvos facendo chegar unha enquisa elaborada pola nosa ANPA coa colaboración do Concello de Boqueixón para obter unha estimación das necesidades de conciliación de cara o curso escolar 2020/21.

Rogamos a máxima participación. Podedes deixar a enquisa cuberta na secretaría do centro, en conserxería ou enviala ao correo electrónico anpadoforte@gmail.com (vale que lle saquedes foto).

Premede no documento adxunto para acceder a ela no caso de que ainda no vola fixeran chegar.

BUZÓN DE SUXERENCIAS

Tagged:  
ESTIMADOS PAIS:
DENDE A APA DO CPI ANTONIO ORZA COUTO - "O FORTE" POÑEMOS Á VOSA DISPOSICION UN "BUZÓN DE SUXERENCIAS" NO QUE PODEDES CONTACTAR CON NÓS VÍA MAIL E DEIXARVOS A VOSAS SUREXENCIAS, IDEAS DE ACTIVIDADES, CONTACTOS DE PERSOAS QUE DESENVOLVER ACTIVIDADES, INQUEDANZAS E PREOCUPCIÓNS QUE DENDE A APA ESTAREMOS ENCANTANDOS DE ATENDER E DARLLES SOLUCIÓN SEMPRE QUE SEXA POSIBLE.

Email de contacto: anpaoforte2014@gmail.com

 

CONVIDAMOSVOS A PARTICIPAR DE CARA A MELLORA-LA FUNCIONALIDADE DESTA ASOCIACION E DE TODO O ENTORNO EDUCATIVO E ASÍ ENTENDERNOS MELLOR.

SAÚDOS E GRACIAS DE ANTEMÁN POLA VOSA PARTICIPACIÓN.

LOMCE: información sobre as probas de AVALIACIÓN INDIVIDUAL curso 2017/18 para 3º primaria, 6º primaria, 4º ESO. (inclúe documentos pdf co texto íntegro da resolución correspondente)

Tagged:  

 

CONTACTO

 

 
 

WEB DO MINISTERIO EDUCACIÓN con información xeral sobre a LOMCE: 

https://www.mecd.gob.es/educacion/mc/lomce/evaluacion.html

AVALIACIÓNS INDIVIDUAIS PARA 3º e 6º PRIMARIA CURSO 2017/18

- DECRETO 105/2014, de 4 de septiembre, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

* 3º PRIMARIAos días 23 e 24 maio 2018.

- RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/18

* 6º PRIMARIA, os días 29 e 30 de maio

 RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2017/18.

AVALIACIÓNS INDIVIDUAIS PARA 4º DA ESO CURSO 2017/18

os días 29 e 30 de maio.

- Real decreto 310/2016, do 29 de xullo, polo que se regulan as avaliacións finais de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

-  RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2017/18.

ACHÉGANSE ARQUIVOS ADXUNTOS EN  PDF CO TEXTO ÍNTEGRO DA RESOLUCIÓN CORRESPONDENTE A CADA CURSO MENCIONADO.

 

REPRESENTANTES DA APA 2017/18

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013