Todos de pixama no cole!
O último venres vimos como os alumnos e alumnas do Centro lucían os seus pixamas, participando na iniciativa promovida pola Asociación galega de familias de acollida, ACOUGO para celebrar Día dos Dereitos da Infancia e Adolescencia.
Para esta celebración, a Biblioteca organizou unha exposición co material elaborado no desenvolvemento da proposta multidisciplinar “Escribir o pixama” a cal contou coa implicación dos departamentos de Plástica, Lingua e Literatura Galega, Castelá, Inglés e Francés.
O resultado do proxecto pode ser visto na exposición do Día do Pixama, en primaria e secundaria. Son paneis onde están representados nenas e nenos cos seus pixamas decorados, flotando por encima dos contos infantís escritos polo alumando nos distintos idiomas impartidos no centro.
![](https://lh6.googleusercontent.com/N9ADyHkvFDt3EsWi-qtEL8gT61gdWITPuWcUEG00-JgEhIjO_BcMZihOP7GQ5hdzdl03SUomyzOQfkuTmvQRdwyP3EobnGFAY4exnusNmL6I6ty7sdOzxt-MOLhLnIZ3dpQlp2dSJ4qd8RWRBOadEBrSO8nEtU9UaieezNsHxU13rOy9uUNWJsUy8sUO6A)
Premede aquí para ver o ben que o pasamos