FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E SOLICITUDE DE AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

- Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 21 de xuño de 2024.

- Forma de presentación:

  •      No centro: Presentando o Anexo I e II debidamente cumprimentado.
  •      Na sede electrónica: A través da aplicación fondolibros.

 Resumo das axudas

 Documentación

AdxuntoTamaño
Anexo I 2425.pdf1.88 MB
Documentación fondo libros.pdf72.57 KB


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013