COLABORACIÓN COAS EXCURSIÓNS DE FIN DE ETAPA

Tagged:  

Estimadas familias:

Queremos facervos partícipes dunha colaboración da ANPA co centro educativo que nos fai sentir especialmente orgullosos porque repercute directamente no alumnado e nas familias, que é a colaboración económica no finanzamento das saídas de fin de etapa  de 6º de Educación Primaria e de 4º de ESO.

No curso académico 2022/2023 o alumnado de 4º da ESO viaxou a Salou e o de 6º de Educación Primaria a Penaventura, a anpa dou 500 €, cartos que logo foron imputados á subvención do Concello de Boqueixón.

Este curso académico 2023/24 aumentamos un pouquiño a nosa aportación, subindo ata os 600 euros.

Esperamos poder aliviar un pouquiño o gastos das familias e que o alumnado disfrute ao máximo desta experiencia.

A directiva da ANPA O Forte


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013