Competencias do Director

Artigo 132.da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da

calidade educativa (LOMCE)

Son competencias do director:

a) Exercer a representación do centro, representar a Administración educativa nel

e facerlle chegar a esta as propostas, aspiracións e necesidades da comunidade

educativa.

b) Dirixir e coordinar todas as actividades do centro, sen prexuízo das

competencias atribuídas ao claustro do profesorado e ao consello escolar.

c) Exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e

impulsar plans para a consecución dos obxectivos do proxecto educativo do

centro.

d) Garantir o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes.

e) Exercer a xefatura de todo o persoal adscrito ao centro.

f) Favorecer a convivencia no centro, garantir a mediación na resolución dos

conflitos e impor as medidas disciplinarias que correspondan aos alumnos e

alumnas, en cumprimento da normativa vixente, sen prexuízo das competencias

atribuídas ao consello escolar no artigo 127 desta lei orgánica. Para tal fin,

promoverase a axilización dos procedementos para a resolución dos conflitos

nos centros.

g) Impulsar a colaboración coas familias, con institucións e con organismos que

faciliten a relación do centro co contorno, e fomentar un clima escolar que

favoreza o estudo e o desenvolvemento de cantas actuacións propicien unha

formación integral en coñecementos e valores dos alumnos e alumnas.

h) Impulsar as avaliacións internas do centro e colaborar nas avaliacións externas

e na avaliación do profesorado.

i) Convocar e presidir os actos académicos e as sesións do consello escolar e do

claustro do profesorado do centro e executar os acordos adoptados, no ámbito das

súas competencias.

j) Realizar as contratacións de obras, servizos e subministracións, así como

autorizar os gastos de acordo co orzamento do centro, ordenar os pagamentos e

visar as certificacións e documentos oficiais do centro, todo isto de acordo co

que establezan as administracións educativas.

k) Propor á Administración educativa o nomeamento e cesamento dos membros

do equipo directivo, logo de información ao claustro do profesorado e ao consello

escolar do centro.

l) Aprobar os proxectos e as normas a que se refire o capítulo II do título V da

presente lei orgánica.

m) Aprobar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias

do claustro do profesorado, en relación coa planificación e organización

docente.

n) Decidir sobre a admisión de alumnos e alumnas, con suxeición ao establecido

nesta lei orgánica e disposicións que a desenvolvan.

ñ) Aprobar a obtención de recursos complementarios de acordo co establecido no

artigo 122.3.

o) Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas

administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

p) Calquera outra que lle sexa encomendada pola Administración educativa.»

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013