25-N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tagged:  

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de xénero, todo o centro adicamos varias semanas do mes de novembro a traballar e a concienciar sobre este tema. Gran parte das actividades xiraron arredor do libro de Yolanda Neira "Alén loita e acariña" en todos os cursos e consistiron en análise das ideas, charlas, traballo con curtametraxes e cancións relacionadas coa violencia de xénero, lecturas de contos... O alumnado de Infantil participou ademais no contacontos Arturo e Clementina.

O alumnado voluntario da biblioteca elaborou un panel onde se recollían datos relativos á violencia de xénero no noso país, na Unión Europea e no mundo. Este panel completouse con unha exposición de libros seleccionados con esa temática, cos que estiveron traballando durante a semana.

Todo este traballo reflexouse nun acto celebrado o día 25 e presentado por alumnado voluntario da biblioteca, onde todo o centro se xuntou para alzar as nosas mans violetas e berrar o lema recollido no libro: "As mans para loitar, non para ferir! A fala para acariñar, non para anular!". Logo houbo unha lectura de lemas e poemas acompañados da actuación musical de Marina Vidal, exalumna do centro e Mario Barral de 3º da ESO, co que se puxo o broche final a ese día de reivindicacións. Poderedes ver un resumo pinchando na seguinte ligazón.

NIN UNHA MENOS!!


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013