MUSIQUEANDO 2021

Tagged:  

Un ano máis o noso centro participou no Musiqueando organizado pola COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical) xunto con centros de toda España. Nesta ocasión o reto consistía en preparar unha coreografía de percusión corporal deseñada polo músico Santi Serratosa para a ocasión.

O día 5 de maio traballámola en directo a través de Youtube co propio Santi e logo o alumnado de 1ºB, 3º e 4º da ESO fixeron unha gravación da súa versión coa Muiñeira de Chantada.

Velaquí tedes o resultado, aínda que en breve poderemos engadir tamén a 1ºA. Disfrutádeo!

E aquí está a versión final con 1ºA tamén. Noraboa a tod@s!

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013