Competencias do Consello escolar

As competecias do Consello Escolar segundo a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa -Lei 8/2013 de 9 de decembro (BOE do 10/12/13) LOMCE: 


Artigo 127:

a)Avaliar os proxectos e as normas q que se refire o capítulo II do título V da presente Lei orgánica.
b) Avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuizo das competencias do claustro do profesorado, en relación coa planificación e organización docente.
c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polo candidatos.
d) Participar na seleccion do director do centro nos termos que a presente lei establece. Ser informado do nomeamento e do cesamento dos demais membros do equipo directivo. Se for o caso, logo do acordo dos seus membros, adoptado por maioria de dous terzos, propor a revogacion do nomeamento do director.
e) Informar sobre a admisión de alumnos e alumnas, con suxeición ao establecido nesta lei orgánica e disposicións que a desenvolvan.
f) Coñecer a resolucion de conflitos disciplinarios e velar por que se atenan a normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o consello escolar, por instancia de pais ou titores, podera revisar a decisión adoptada e propor, de ser o caso, as medidas oportunas.
g) Propor medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres ,a igualdade de trato e a non discriminación polas causas a que se refire o artigo 84,3 da presente lei orgánica, a resolución pacífica de conflictos, e a prevención da violencia de xénero.
h) Promover a conservacion e renovacion das instalacions e equipo escolar e emitir informe sobre a obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido no artigo 122.3.
i)Emitir informe sobre as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.
j) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolucion do rendemento escolar e os resultados das avaliacions internas e externas en que participe o centro.
k) Elaborar propostas e informes, por iniciativa propia ou por peticion da Administracion competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestion, asi como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa sua calidade.
l) Calquera outra que lle sexa atribuida pola Administración educativa.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013