SAMAGOSTO 2020

Tagged:  

Neste curso 2020-21 as actividades extraescolares e complementarias están condicionadas por mor da situación sanitaria do COVID 19, por iso as diferentes propostas se desenvolverán dentro do contexto do propio centro e en pequeno grupo- aula.

Nestes días imos celebrar o noso SAMAGOSTO que será divertido e orixinal a pesar das circunstancias.

En Primaria celebrarémolo con obradoiros de decoración de motivos do Samaín e Outono nas aulas de infantil e primaria e cunha presentación na Pantalla dixital das fotos de todas as cabazas decoradas na casa entre os nosos rapaces e as súas familias.

E en Secundaria o medo será o personaxe principal dalgunhas das actividades como a creación de "Calaveritas literarias"- poemas de orixe mexicana- composicións en verso nos que se expresan sentimentos arredor duna persoa viva con alusións á morte (Departamento de Lingua castelá), a lectura dramatizada do relado Medo, eu? de Fina Casalderrey co alumnado de 1º de ESO e a creación dun poema colectivo sobre o MEDO baixo o título "Eu téñolle medo a..." (Departamento de Lingua Galega) e o Concurso de historias de terror en inglés en todos os niveis da ESO (Departamento de inglés)

E un ano máis lembramos a figura de Xosé Neira Vilas.  O Equipo de Dinamización da Biblioteca réndelle homenaxe cun vídeo que xira arredor deste persoeiro tan insigne que lle dá nome á biblioteca do noso Centro


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013