NOTA INFORMATIVA SOBRE AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (ANPA O FORTE)

Tagged:  

Benqueridas familias:

Esperamos e desexamos que vos atopedes ben. 

Ante a situación sanitaria que estamos a padecer, resulta inviable o lanzamento da oferta de actividades tal e como o viñamos facendo en anos anteriores.  En primeiro lugar porque así o desaconsellan dende Consellería de Educación no punto 12.3 do protocolo enviado aos centros onde dí:  As actividades das ANPAs celebraranse preferentemente por medios telemáticos evitando en todo caso a xuntanzas que supoñan un número elevado de persoas, e en segundo lugar, porque os riscos a asumir, de producirse algún gromo, son moi elevados.

O primordial neste momento é tentar manter a saúde  xerando o menor número de grupos de contacto posibles. Por este motivo a ANPA, polo de agora, só vai lanzar aquelas actividades que se poidan facer de xeito telemático, e a partir do mes de outubro.

Dende o Concello de Boqueixón, sí se está a ofertar actividades de conciliación (madrugadores e tardes educativas e de lecer) para aquelas familias que o necesiten.

Non obstante, se a situación sanitaria se estabiliza, e xa de cara ao segundo trimestre, volveríamos a ofertar actividades presenciais.

Atentamente

A directiva da ANPA O Forte


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013