Do 28 de outubro ao 8 de novembro celebramos o Samaín e o Magosto, xunto coa homenaxe que lle fixemos ao escritor Xosé Neira Vilas, por ser nestas datas cando se cumpren anos do seu pasamento. Foron moitas as actividades que se realizaron: exposicións, ilustración de contos, lectura e ambientación musical de relatos de terror, talleres, decoración dos distintos espazos do centro, lecturas dramatizadas e, como non, unha degustación de castañas!!! O equipo de actividades extraescolares agradece a colaboración de todo o alumnado e profesorado. Ánimo e a seguir traballando!!! |
SAMAGOSTO 2019 E HOMENAXE A NEIRA VILAS
Tagged: