Normas do transporte

A TÓDOLOS USUARIOS DO TRANSPORTE ESCOLAR

Para un correcto uso do transporte escolar a dirección do centro infórmalles das normas que  os usuarios do mesmo deben ter en conta:
 
1.Cada alumno/a fará  uso da liña (autobús) e parada que lle corresponda segundo o lugar do seu domicilio.

2.Non se permite cambiar nin de liña nin de parada, salvo en caso xustificado, e sempre coa autorización da dirección do centro previa solicitude.

3.Cando por motivos debidamente xustificados (separación con custodia compartida, conciliación familiar) se necesite usar dúas paradas en dúas liñas diferentes, farase a solicitude correspondente e aportarase a documentación xustificativa da necesidade.  O centro comprobará a existencia de prazas nos autobuses afectados e rexitrará o dobre uso na aplicación de transporte.  Este uso excepcional deberá ser autorizado pola Xefatura territorial. (Instrución Transporte Escolar. Punto 8)

4.No autobús cada alumno/a terá asignado un asento. Permanecerá sentado, mantendo unha compostura adecuada.

5.Unha vez que cheguen tódolos autobuses ó centro, os alumnos/as dirixiranse ós patios onde permanecerán ata que toque o timbre para entrar nas aulas.

5. Momentos previos ó remate da xornada escolar, os autobuses estarán estacionados no lugar de costume. Cada alumno/a subirá a aquel que lle corresponda con orde.

6.Os  alumnos/as usuarios do transporte escolar que algún día non fagan uso do transporte porque utilizan  outros medios,  DEBERÁN  ENTREGAR A AUTORIZACIÓN DEBIDAMENTE CUMPRIMENTADA EN XEFATURA DE ESTUDOS (O modelo de autorización está á súa disposición en Secretaría) ESTA AUTORIZACIÓN DEBERÁ SER CONFIRMADA PERSOAL OU TELEFONICAMENTE POLO PAIS/NAIS/TITORES.

CANDO UN PAI DECIDA RECOLLER PERSOALMENTE A UN ALUMNO/A  NA SAÍDA,  COMUNICARÁ AO ACOMPAÑANTE DO AUTOBÚS QUE O ALUMNO NON REGRESARÁ NO TRANSPORTE ESCOLAR.
Calquera outra cuestión que afecte a cambios de liña ou parada consultarase co director do centro.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013