Procedementos, instrumentos e pautas de cualificación

Basearanse no seguimento individualizado e personalizado do alumno ao longo do curso. Os criterios e pautas de cualificación terán como referencia os mínimos esixibles do nivel, e, á súa vez, fundamentaranse nos seguintes elementos:

- Interese do alumno pola materia, atención, esforzo, participación na clase e expresión oral en lingua castelá (10% da nota global).

- Control sobre o traballo diario de clase, empregando como fonte de observación e seguimento a libreta, a partir da cal será posible obter información sobre a aprendizaxe, organización de traballos,  constancia...;  presentación de traballos nos que o alumno demostre tanto o dominio de conceptos como o das destrezas básicas da materia (15% da nota global).

- Realización de probas orais ou/e escritas (70% da nota final).


- Lectura de tres libros de lectura obrigatoria e presentación de traballos ou probas orais/escritas dos mesmos. O que suporá o 5% da nota global.


- Non presentar un traballo de carácter obrigatorio conlevará unha cualificación negativa na avialiación.


Na cualificación das probas escritas valoraranse positivamente os seguintes aspectos:
1.- Adecuación pregunta/resposta

2.- Corrección formal e ortográfica. As faltas de ortografía e as incorreccións de expresión e redacción incidirán negativamente na nota a razón de 0,1 puntos por cada falta, ata acumular un máximo de vinte. Nos exercicios de ortografía cada erro restará 0.25 puntos, de forma que con catro fallos o exercicio queda invalidado.
3.- Capacidade de síntese
4.- Capacidade de definición dos conceptos específicos de cada curso
5.- Capacidade de argumentación e razoamento


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013