Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Marzo 11, 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
11
12
all day
Resultado de imagen de la canción de Shao Li

A escritora Marisol Ortiz de Zárate veu ao noso centro para falar cos grupos de 1º e 2º de ESO, que están a traballar no seu libro titulado La canción de Shao Li.

Ao rematar a charla, tivo a amabilidade de asinar os exemplares do alumnado que desexou quedarse cun recordo personalizado da súa visita.

13
all day
O mércores 13 de marzo, o alumnado de 1º de ESO participou nunha charla informativa sobre o uso correcto de Internet e o emprego axeitado das redes sociais máis utilizadas polos adolescentes. Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.
all day
O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu o mércores 13 de marzo á representación da obra de teatro The Canterville Ghost, todo un clásico de Oscar Wilde co que puideron exercitar a súa comprensión oral en inglés.

Unha vez rematada a función, tiveron a oportunidade de coñecer de preto o mundo da escalada practicándoa nun rocódromo.

14
15
16
17
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013