Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Abril 23, 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
23
all day

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, co gallo da conmemoración do día do libro, recibirán no día de hoxe a visita de PERE TOBARUELA,  autor, entre outros títulos,  da "colección Formigas".

Lugar: salón de actos.

Hora: 12:10

DESFRUTADE RAPACES!!!

24
25
26
all day
O xoves 26 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO de Música participou no VII Encontro do alumnado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia, que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo (Vigo) e que está englobado dentro da convocatoria "Musiqueando", que se organiza a nivel de toda España para sacar a música dos centros escolares á rúa.

Nesta edición interpretaron un par de temas que estiveron preparando nas clases, realizaron un obradoiro sobre expresión e xogos vocais, danzas do mundo, percusión afrolatina ou baile tradicional e viviron un día de convivencia musical con alumnado de moitos outros centros de Galicia.

27
28
29
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013