PRÉSTAMO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 20/21
ABERTO PRAZO DE SOLICITUDE NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/21
ORDE DE REGULACIÓN: Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021. (DOG de 19 de maio de 2020)
PRAZO: DO 20 MAIO AO 19 DE XUÑO
DOCUMENTACIÓN: SOLICITUDE (ANEXO I) E ANEXO II DEBIDAMENTE CUBERTOS E ASINADOS.
O formulario de solicitude estará dispoñible:
a) No portal educativo, no enderezo http://www.edu.xunta.gal
b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.
c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
d) No arquivo que se achega nesta información.
PRESENTACIÓN:As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica.
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=ED330B
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
LETRAS GALEGAS 2020 NO CPI ANTONIO FAÍLDE
O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e este ano dedicaselle ao escritor e profesor
Ricardo Carvalho Calero.
Aínda que a Real Academia Galega decidiu aprazar os actos de celebración ao mes de outubro, desde o noso centro queremos festexar este día e darlle o impulso ás nosas letras dende as nosas casas.
Deste xeito, realizaremos unha serie de actividades sobre as letras galegas ao longo da vindeira semana.
E para ir abrindo boca... e animarvos....comezamos coas achegas do profesorado que nos abre a porta das súas casas e nos falan das súas escollas literarias.
EN GALEGO, DENDE A CASA!
FELIZ MES DAS LETRAS GALEGAS!
Preme aquí para ver os primeiros videos
Mais videos aqui
AVISO PARA AS FAMILIAS
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO
PRAZO DE PRESENTACIÓN: DO 11 AO 18 DE MAIO
HORARIO DE ATENCIÓN DO CENTRO: DE 10 A 13 HORAS
ATENCIÓN: ESTE PRAZO É SÓ PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO.
Para máis información sobre o proceso de admisión pódese consultar o apartado do mesmo nome na marxe esquerda da páxina, no bloque denominado CENTRO.
INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE
Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para ver o arquivo preme aquí
AVISO
-AVISO IMPORTANTE-
CALIFICACIÓNS SEGUNDA AVALIACIÓN:
O venres 3 de abril publicaranse as calificacións da segunda avaliación por medio de abalar-móbil e por correo ordinario, se nese momento segue a funcionar. Por iso pedimos encarecidamente que dentro do posible instaledes a aplicación ABALAR-MÓBIL para recibir as novas sen dificultade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- seguinte ›
- última »