ENCONTRO CO AUTOR HÉCTOR CAJARAVILLE

O mércores 3 de maio o Departamento de Lingua Galega e Literatura

do CPI Antonio Faílde organizou un encontro co escritor Héctor Cajaraville,

un dos autores máis célebres do panorama literario galego actual.

O alumnado de 4º ESO e do Club de Lectura tivo a ocasión de intercambiar

co escritor percepcións sobre a obra A caixiña dos rancores, merecente do premio Raíña Lupa.

Así mesmo, dende o Departamento de Educación Plástica traballaron co título e coa portada

para agasallar o escritor cunhas caixas manipuladas nas que reflectiron as sensacións

que lles produciu a lectura da novela a modo de poemas-obxecto.