NOVAS COMEDOR

Debido a pandemia do COVID19 o servizo de comedor viuse afectado de xeito moi notable polos protocolos a seguir, tanto de limpeza, desinfección, distanciamento dos usuarios e demais normas a seguir para garantir, na medida do posible, a saúde dos usuarios.

A unica solución viable que se atopou para continuar co servizo de comedor  dos 379 usuarios foi empratar ao momento o prato a cada comensal sen excluir a ninguén.

En ningún momento o centro deixou de facer xestións para restablecer na medida do posible a antiga normalidade, polo que adoptou medidas para comprar pratos individuais de tres ocos en aceiro inox (* adxuntase foto do prato pinchando no enlace).

Foto do prato