Unha das mellores terapias para estes días é a lectura, sobre todo de poesía, o mellor bálsamo emocional. Carme Tomé, a nosa alumna de 2º ESO B, elaborou un videopoema partindo duns versos que se fixeron virales ao longo destas semanas. Deixámosvos na compaña da súa voz.
A alumna de 1º B de ESO, Patricia Bardanca Rojo, obtivo o 1º premio na " XI edición del Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil" na modalidade de entrevista. O seu traballo foi premiado como o mellor entre os 4.500 presentados entre todas as categorías. Como premio correspóndelle disfrutar dunha fin de semana en Londres xunto aos seus pais e a súa irmá.