Terán a consideración de ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS as organizadas durante o horario escolar polos centros, dacordo cos seus proxectos e programacións e que teñen un carácter diferenciado das actividades propiamente lectivas, polo momento, espacio ou recursos que utilizan.
Son actividades complementarias fixas as seguintes:
• Audicións
• Concertos trimestrais e finais
• Aqueloutras que así o determine o centro a traves dos órganos competentes.
Terán a consideración de ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES as encamiñadas a potenciar a apertura do centro ao seu contorno e a procurar a formación integral do alumnado. As actividades extraescolares realizaranse fora do horario lectivo, terán carácter voluntario para o alumnado e buscarán a implicación activa de toda a comunidade educativa.
Son actividades extraescolares as seguintes:
• Os intercambios con outros centros
• As viaxes, excursións ou saídas culturais
• Os cursos ou cursiños
• Aqueloutras que así o determine o centro a través dos órganos competentes.
OUTRAS ACTIVIDADES
Poderanse organizar outras actividades no centro a proposta de calquera membro da comunidade educativa que sexan de interés tanto para o centro coma para os destinatarios aos que vai dirixida. En calquera caso as propostas de outras actividades deberán seguir os puntos enumerados anteriormente no apartado que corresponda.