PFFP e GT

Convocatoria de proxectos de formación para o curso 2015-2016

Convocatoria de proxectos de formación para profesorado para o curso 2015/2016.  Consultar no enlace: Convocatoria Proxectos Formación 2015-2016

Importante:

 - O prazo de preinscripción remata o vindeiro 3 de novembro de 2015. A preinscripción realizarase en liña a través da aplicación informática FPROFE cubrindo os datos requiridos na pestana "GT, Seminario, PFAC, PFFP".

- O prazo de solicitude remata o 23 de novembro de 2015.

 

Para obter máis información consultar no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/proxectos-formacion-para-profesorado-2015-2016, onde tamén se pode descargar a documentación relacionada cos proxectos.

 

Resolución definitiva PFFP curso 2014-2015

Resolución definitiva da Comisión de Selección de proxectos de formación para o profesorado de formación profesional para o curso 2014-2015. Consultar o arquivo adxunto ou no enlace RESOLUCION PFFP

Resolución provisional PFFP 2014-2015

Resolución provisional da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional. Consultar no arquivo adxunto ou no enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/5209

Convocatoria PFFP 2014-2015

Documento resume da Convocatoria de proxectos de formación para profesorado de formación profesional para o curso 2014/2015.  Consultar no arquivo adxunto.

Importante:

- O prazo de preinscripción remata o vindeiro 24 de outubro de 2014.

- O prazo de solicitude e inscrición remata o14 de novembro de 2014.

En arquivos adxuntos figuran tamén documentos de interese (preinscricion, inscrición, memoria....) 

Para obter máis información consultar no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/convocatoria-proxectos-de-formacion/

 

PFFP e GT curso 2013-2014

Os Proxectos de Formación de Formación Profesional (PFFP) e Grupos de Traballo (GT) solicitados polo profesorado do centro, para o presente curso, son os seguintes:



  • GT "Manexo de programas para a elaboración de materiais". Destinado ao profesorado da familia de servizos a comunidade. Desenvolverase ao longo de todo o curso e as sesións de docencia comenzarán no segundo trimestre.

  • GT "Aplicación das TIC na xestión da aula". Destinado ao profesorado das familias de sanidade, servizos a comunidade e FOL. Desenvolverase ao longo de todo o curso e as sesións de docencia tiveron lugar durante o primeiro trimestre e continuarán ao longo do segundo.

  • PFFP "Protocolos na clínica dental en pacientes autistas". Destinado ao profesorado da familia de sanidade e servizos a comunidade. As sesións de docencia comenzarán no segundo trimestre.

  • PFFP "Axudas técnicas en audioloxía protésica". Destinado ao profesorado da familia de sanidade. As sesións de docencia comenzarán no segundo trimestre.

  • PFFP "Elaboración de programacións LOE CIFP Anxel Casal". Destinado ao profesorado das familias de sanidade, serzizos a comunidade e FOL. As sesións de docencia celebraranse durante o segundo trimestre.

  • PFFP "Financiamento de emprendedores". Destinado ao profesorado da familia de FOL. Foi aprazado ao segundo prazo da convocatoria e o departamento decidiu non solicitalo neste segundo prazo.
Distribuir contido

NOVAS

NOVA PÁXINA WEB

A nova páxina web oficial do centro é www.cifpanxelcasal.gal