Ed. física

COMEZOU O TORNEO DE NADAL DE BÁDMINTON

Neste mes de decembro, os alumnos/as de 5º e 6º comezaron o torneo de Nadal de bádminton do colexio.

Teñen competición tanto individual como por parellas, na que o importante é esforzarse ao máximo e pasalo ben.

Moito ánimo e sorte para todos/as!!!!!

Día da BICICLETA 12-13

Este ano saímos a encher os pulmóns de aire puro, co noso casco,

chaleco refrectante, auga... e moitas ganas de facer deporte e pasalo ben!

Dimos unha boa volta pola zona, dende Valga ata Vilarello, e chegamos... como puidemos!

ALMORZOS SAUDABLES

Xa volveron as xornadas de almorzos saudables!

Nestes almorzos do primeiro trimestre puidemos coñecer

as vantaxes de tomar un almorzo composto por:

leite, croissant, torrada con manteiga e marmelada e froita!

Powered by Drupal - Design by artinet