Benvidos ao novo sitio de Webs dinámicas!
Sitio web do CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo de Valga.
Sitio web do CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo de Valga.
PINTADO DE XOGOS: luns 11 e martes 12 xullo, de 9:30 a 13:30 h. (quen poida vir axudar poderá colaborar nese horario).
Con motivo da participación en Embelecer Valga, no colexio vanse realizar as seguintes melloras:
- pintado de XOGOS no patio dianteiro
- creación dun AREEIRO de 3x4 m.
- instalación de varios POSTES con cordas para escalada no BARRANCO.
- mellora da CHARCA (restaurar adoquíns, instalar bomba de auga, plantas).
- instalación dunha CABAÑA no bosquete.
Horario de entrega de vales das axudas: de 10:00 a 13:00 h no colexio, dende xoves 7 ata martes 12 de xullo.
Tamén se irán entregando xa os libros do fondo solidario de 4' e 6' curso. Os de 3' e 5' entregaranse en setembro.
Saúdos
Consulta aquí a listaxe de LIBROS DE TEXTO para o curso 2022-23 dos diferentes cursos.
Con motivo da entrada da nova lei de educación LOMLOE nos cursos 1º, 3º e 5º EP, cámbianse todos os libros de texto destes cursos, para adaptalos ao novo currículo.
Está aberto o prazo, ata o 22 de xuño de 2021, para solicitar a participación no Fondo Solidario de libros de texto e as Axudas para material escolar e libros de texto. Podedes consultar a Orde do 19 de abril con toda a información. Aquí tedes un resumo:
Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a LGBTIfobia, a asociación de familias de menores trans "ARELAS" convocou o concurso "Escola sen armarios", no que participamos enviando unha memoria das actividades realizadas no colexio en relación á perspectiva de xénero. Podedes vela no seguinte enlace:ESCOLA SEN ARMARIOS - FERRO COUSELO
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |