Orientación

XOGOS EDUCATIVOS para repasar, aprender e divertirse!

Aquí tedes unha gran selección de XOGOS para os distintos cursos, materias e temas.

É moi fácil de usar, podedes "filtrar" xogos para unha materia ou curso en concreto,

ou buscar entre todos os xogos e actividades que ofrece o Espazo Abalar.

Repositorio do Espazo Abalar

Pincha na imaxe para entrar e... a divertirse!

Día mundial do AUTISMO 2013

Este día 2 de abril colocamos uns globos azuis para conmemorar o Día Mundial do Autismo...

foi un pequeno símbolo de solidariedade co que queremos amosar o noso apoio

aos nenos con autismo, despertar a nosa curiosidade por coñecer algo máis sobre

ALMORZOS SAUDABLES de Marzo 2012-13

Antes da Semana Santa realizamos outras 3 xornadas de ALMORZOS NA ESCOLA para aprender

como debe ser un almorzo SAUDABLE que nos proporciona a enrxía necesaria para traballar mellor!

Lembramos:

- é moi importante almorzar TODOS OS DÍAS.

- debemos almorzar TODOS XUNTOS.

- hai moitas formas de poñer LÁCTEOS, FROITA e CEREAIS.

O POZO NO SAHARA (Axúdanos a axudarlles)

Xa está dispoñible o CARNÉ SOLIDARIO de axuda ao Sahara: consiste nun carné que acredita unha doazón de 2 € mensuales (total de 12 €) para a construcción do pozo no Tinduff (Sahara). Pódese ir aportando 2 euros cada mes (acreditados co cuño do colexio) ou aportar os 12 euros totais que forman os seis meses que quedan de curso. Animádevos, e moitas grazas aos que xa o fixestes.

ALMORZOS SAUDABLES

Xa volveron as xornadas de almorzos saudables!

Nestes almorzos do primeiro trimestre puidemos coñecer

as vantaxes de tomar un almorzo composto por:

leite, croissant, torrada con manteiga e marmelada e froita!

Powered by Drupal - Design by artinet