VISITA DE AILINA DA MARTA

Tivemos unha visita moi especial no colexio. Ailina da Marta é unha topógrafa mozambiqueña invitada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade para coñecer as infraestruturas do noso pais.

Aproveitando a súa viaxe pasouse polo noso colexio para coñecer as súas instalacións e charlar cos alumnos e alumnas de 5º e 6º. Contounos como é a realidade do seu pais, as súas tradicións, costumes,... tamén falamos das escolas de Mozambique, dos nenos e nenas daquel pais, dos seus xogos, músicas,... Ao rematar a súa exposición, os nosos/as alumnos/as tiveron un turno de preguntas onde puideron plantexarlle as súas dúbidas, inquietudes,..., sobre Mozambique e a súa idiosincrasia.

Foi unha visita moi interesante. Puidemos coñecer o día a día dos nenos de Mozambique e moitas máis cousas que descoñecíamos.

 

Moitas grazas Ailina!!!

Powered by Drupal - Design by artinet