BENVIDA ao curso 2023-24 e indicacións para inicio de curso

Estimadas familias: dámos a benvida a un novo curso académico; achegamos este comunicado para dar algunhas instruccións para os primeiros días e recordar o funcionamento xeral do centro.

 

 

 

ALERXIAS: Pola seguridade do alumnado con alerxias alimentarias de carácter gravenon se permite traer ao colexio FROITOS SECOS, especialmente NOCES. (Esta medida afecta a todos os cursos do centro).Lembrade esta medida na preparación das merendas, nos biscoitos comprados para cumpreanos, etc. Grazas pola colaboración.

 

 

 

COMEZO DAS CLASES: luns 11 de setembro 2023

 

HORARIO: de 9:00 a 14:00 h.

 

TARDES (gardas de biblioteca): de 16:00 a 18:00 h (de outubro a maio inclusive)

 

 

 

BUSES: horario habitual nas paradas, funcionamento normal dende o primeiro día.

 

 

 

ALUMNADO NON TRANSPORTADO:deberán entrar ás 8:55 h. ou dende que chegue o primeiro bus. Dado que a obriga do profesorado é a custodia do alumnado transportado, este farase cargo da custodia de todo o alumnado no momento en que cheguen os buses, ou, se estes se retrasan, dende as 8:55 h.

 

 

 

ENTRADAS: dende o primeiro día o alumnado debe entrar só, dende a cancela do colexio; (os primeiros días, o alumnado de 1º curso será acompañado polo profesorado dende a cancela ata as filas).

 

SAÍDAS: sae primeiro o alumnado transportado e ao marchar os buses entregamos ao alumnado non transportado. O importante é non entorpecer cos coches o labor dos buses e non cruzar co alumnado de forma perigosa durante a súa recollida.

 

 

 

MATERIAL ESCOLAR:o material debe traelo o alumnado, dentro da mochila(poñer NOME a todo o material).Para facilitar a xestión na aula e non cargar ao alumnado, deberán traelo de forma escalonada, do seguinte xeito:

- LUNS: mochila, estoxo, carpetas e resto de material funxible (pero non libretas nin libros)

- MARTES: libretas.

- MÉRCORES: libros forrados do 1º trimestre (o resto dos libros quedan na casa).

 

AXENDA ESCOLAR: lembrade que o colexio ten encargadas unhas axendas personalizadas para o alumnado, polo que deberán traer5 euros nun sobre(ou folio) co nome do alumno/a a partir do luns. A axenda servirá para pedir citas, facer comunicados, anotar os deberes, exames, etc.

 

 

 

 

 

MERENDAS:As merendas comezan na aula uns minutos antes do recreo e poderanse rematar no patio (bocadillos…) Os cursos máis baixos poden precisar máis axuda, polo que é posible que merenden na aula antes de saír. Prégase respectar no posible a recomendación de merendas do colexio, que é a mesma que o ano pasado:

 

Lu Ma Me Xo Ve

 

libre saudable – froita – bocadillo –– lácteos – froita

 

 

 

AUGA: é recomendable que cada alumno traia a súa propia botella de auga. Tamén poderáreenchela no colexio, pero mellor evitar beber directamente das billas.

 

 

 

CUMPREANOS: poderanse celebrar traendo algo para compartir, pero que non sexa unha bolsa de chuches, mellor un biscoito, ou unha pizza...E sempre lembrade que non poden levar froitos secos(coidado nos biscoitos caseiros...)

 

 

 

 

ACTUALIZACIÓN DE DATOS E AUTORIZACIÓNS DE RECOLLIDA DO ALUMNADO: este ano non imos mandar os impresos de autorización de transporte, recollida no colexio nin actualización de datos telefónicos, entendendo que son os mesmos que os do ano pasado. Se algunha familia considera que debe actualizar calquera dato, por favor, comunicádeo ao centropolo teléfono ou axenda do alumno para realizar as modificacións necesarias.

 

 

 

 

AUTORIZACIÓNS de IMAXE: este curso, ademáis da conta de Instagram,imos abrir unha canle en Youtube para permitir o traballo de proxectos que afonden nas competencias audiovisuais do alumnado. Por iso imos enviar unhanova autorización de imaxe e voz do alumnado, para actualizala, incluíndo na mesma a difusión da imaxe nesta nova plataforma (Youtube) e da voz en plataformas como iVoox, das que faremos un uso estritamente educativo.

 

 

HORARIO DE TITORÍAS: martes de 16:30 a 17:30 h. (citas a través da axenda do alumnado).

 

 

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS: as ausencias ao colexio deberán ser xustificadas correctamente. Nos casos de indisposición, imprevistos… para os que non se ten un xustificante médico, as ausencias deberán ser xustificadas a través do modelo de xustificación de faltas do centro (tamén dispoñible na web para descargar, no menú da esquerda, abaixo)

 

 

 

 

 

PROFESORADO e Persoal Non Docente:

 

 

 

1º curso: Julia Quintáns

 

2º curso: Begoña Muiños

 

3º curso: Noelia Castiñeiras

 

4º curso: Elvira Cabo

 

e 6º curso: Beatriz Otero

 

Inglés e Plástica Plurilingüe: M.ª José Brea (Teté)

 

Educación Física: Santiago Chamorro

 

Música: Miguel Fernández

 

Relixión: Carmen Seoane (mércores e venres) – compartida co CRA de Valga

 

Pedagoxía Terapéutica: Maribel López

 

Audición e Linguaxe: Fátima da Silva (martes e xoves) – centro base EEI de Dimo (Catoira)

 

Orientación: Pablo Alvar (luns, martes e xoves) - compartido co CRA Valga

 

 

 

Coidadora: Carmen Santomé

 

 

 

 

 

REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO COAS FAMILIAS: a reunión de inicio de curso coas familias realizarase o martes 3 de outubro, ás 16:30 h. Primeiro xuntarémonos na biblioteca para presentar ao profesorado e tratar brevemente aspectos xerais de centro. Ao remate comezarán as reunións coas titoras na aula de cada grupo.

 

 

 

 

 

AVALIACIÓNS:

 

- 1º trimestre, ata Nadal. Publicación de notas da 1ª avaliación (21 decembro 2023).

 

- 2º trimestre: ata Semana Santa. Publicación de notas da 2ª avaliación (22 marzo 2024).

 

- 3º trimestre: ata fin de curso. Publicación de notas da 3ª avaliación (21 de xuño de 2024).

 

 

 

DÍAS NON LECTIVOS: este curso consensuaremos para que coincidan os de todos os centros educativos de Valga, informaremos pronto de cales son os días elexidos.

 

Un deles será o 2 de febreiro (San Blas), festividade local.

 

 

 

Enlace ao CALENDARIO ESCOLAR 2023-24.

 

  

Bo inicio de curso!

 

Un saúdo do profesorado

 

A dirección

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet