Complementarias

ENTROIDO deportista 2012-13

O venres 8 de febreiro celebramos o Entroido co tema dos DEPORTES:

1º Natación, 2º Esgrima, 3º Tenis, 4º Atletismo, 5º Rugby americano e 6º Fútbol

Xa levabamos toda a semana poñendo as Mandas do Antroidiño, que é moi pillo...

Natacion 1º

Máis fotos na galería.

Día da Paz 2012-13

Este 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz cun certame de poesías e debuxos cos que confeccionamos un bonito mural.

Tamén nos reunimos no patio para formar a "Alianza da Paz" entre todos, dous aneis entrelazados.

Alianza da Paz

Máis fotos na galería.

 

Despois cantamos e bailamos a canción PAZ, PAZ, PAZ de Juanes:

O POZO NO SAHARA (Axúdanos a axudarlles)

Xa está dispoñible o CARNÉ SOLIDARIO de axuda ao Sahara: consiste nun carné que acredita unha doazón de 2 € mensuales (total de 12 €) para a construcción do pozo no Tinduff (Sahara). Pódese ir aportando 2 euros cada mes (acreditados co cuño do colexio) ou aportar os 12 euros totais que forman os seis meses que quedan de curso. Animádevos, e moitas grazas aos que xa o fixestes.

NADAL no colexio de Baño... con CIRCO de malabares!

Antes das vacacións de Nadal fumos todos ao cole de Baño para volver a ver aos nosos amigos deste cole.

Primeiro vimos un fabuloso espectáculo de circo (algúns esperaban ver tigres e paiasos...), e despois viñeron os Reis Magos!

A carta aos Reis démosllela a un Paxe Real para que chegara a Oriente sen problemas.

Belén Artesanal de Campaña 2012-13

Antes da chegada do Nadal fixemos a visita ao Blén Artesanal de Campaña que todos os anos se renova con moito esforzo e coa axuda de moitos colaboradores.

É un traballo feito con moita ilusión e dedicación. Isto nótase ben polo resultado acadado. Pasámolo moi ben buscando ao persoeiro misterioso!

 

Samaín 12-13

Este ano fixemos a exposición de cabazas, un baile terrorífico!

Ademáis os máis pequenos aínda estaban a celebrar os "Almorzos saudables"...

FESTA DA CAMELIA 11-12

Este ano inspirámonos no conto de Brancaneves para crear un "bosque de camelias"... con casa e todo!

Que me perdo no bosquee

Que bonitas son as camelias!

XORNADAS GASTRONÓMICAS 11-12 (Comida no cole)

Cociñamos un menú variado e caseiro:

ensaladilla rusa.............6º

croquetas de atún..........4º

pizza 4 estacións...........3º

macedonia....................5º

galletas de manteiga.....1º e 2º 

 


USOS DA MADEIRA:construcción de instrumentos 11-12

Visitamos o taller de Oli Rodríguez en Raíces, no que costrúe instrumentos de vento tradicionais, como gaitas e frautas.

Tiña madeiras de moitas cores!

Parque do PASATEMPO en Betanzos 11-12

Un lugar maxestuoso...

Estamos no parque do PASATEMPO de Betanzos, con este "gatiño"...

Foi un bo sitio para voar as cometas que traiamos dende Sotavento.

Powered by Drupal - Design by artinet