AMPLÍASE O PRAZO de ADMISIÓN DE ALUMNADO ata unha semana máis dende a reanudación das clases tras a suspensión por CORONAVIRUS.
Aquí podedes consultar toda a información relacionada coa reserva de praza, admisión e matrícula de alumnado.
AMPLÍASE O PRAZO de ADMISIÓN DE ALUMNADO ata unha semana máis dende a reanudación das clases tras a suspensión por CORONAVIRUS.
Aquí podedes consultar toda a información relacionada coa reserva de praza, admisión e matrícula de alumnado.
Aquí podedes ver e descargar a listaxe de LIBROS DE TEXTO para o curso 2019-20.
Para 3º, 4º, 5º e 6º cursos, os que están destacados en cor negrita son os que NON ENTRAN
no Fondo de Libros porque son de escribir e non se poden volver usar dun ano para outro,
Cando queiras ven a coñecernos! De 9:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 18:00 h. (mellor avisando no 886151728)
Este xoves 10 de maio terá lugar no centro unha charla coloquio sobre ciberacoso: novas tecnoloxías e internet. Será impartida por David Cereijo Graña, cooperante do Instituto Nacional de Ciberseguridade.
Este curso adicamos o Entroido aos CONTOS clásicos. Cada curso realizou un espectáculo para dramatizar o seu conto.
As familias estiveron convidadas a compartir con nós esta celebración. Quedou fenomenal! Aquí podedes ver os bailes!
O colexio leva anos participando no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares (PLAMBE), polo que recibimos anualmente fondos para mercar novos libros... A cambio, dende a biblioteca promovemos actividades divertidas encamiñadas ao fomento da lectura, á investigación, ao reforzo das asignaturas...
No arquivo adxunto tedes os resultados das carreiras das diferentes categorías.
Este xoves 16 de novembro imos participar na fase zonal de campo a través do programa Xogade de deporte en idade escolar. Organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Asociación Terras do Ulla - Umia, este curso celébrase en Catoira.
Desde as 10:30 h da mañán, correremos nun circuito situado enfrente das instalacións do clube de piragüismo.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |