Complementarias

LIBROS ELECTRONICOS que hai no colexio

Estes son os libros que atoparás

dentro dos "e-readers" (libros electrónicos).

Para 1º e 2º cursos:

TEATRO DE SOMBRAS: "O cumpreanos de Claudia"

Teatro de sombras con marionetas articulables! A historia está inventada polos alumnos, que diseñaron as marionetas e buscaron a maneira de crear unha aventura entre elas. Poñerse cómodos e disfrutar co... Cumpreanos de Claudia!

Vídeo de RENATA E BELLOTERO: "A Biblioteca Máxica"

Xa podedes ver o vídeo realizado polos nenos e nenas de 1º neste curso 2012-13, coas mascotas da biblioteca, Renata e Bellotero!

Video das mascotas

Disfruta cos superpoderes de Renata e a compaña do noso amigo o carballo Bellotero.

Ademáis os nenos e nenas de 1º curso nos explicarán onde atopar os libros na biblioteca, as súas seccións... Disfrutádeo!

CÓMICS de RENATA E BELLOTERO! (Mascotas da nosa biblioteca)

Xa podedes ler aquí os cómics realizados polos alumn@s de 1º, 2º e 3º curso, e tamén o realizado por Jessica Lorenzo Santiago, de 2º curso, que foi premiada pola súa iniciativa persoal creando un estupendo cómic sen axuda de ninguén.


XOGOS EDUCATIVOS para repasar, aprender e divertirse!

Aquí tedes unha gran selección de XOGOS para os distintos cursos, materias e temas.

É moi fácil de usar, podedes "filtrar" xogos para unha materia ou curso en concreto,

ou buscar entre todos os xogos e actividades que ofrece o Espazo Abalar.

Repositorio do Espazo Abalar

Pincha na imaxe para entrar e... a divertirse!

Día mundial do AUTISMO 2013

Este día 2 de abril colocamos uns globos azuis para conmemorar o Día Mundial do Autismo...

foi un pequeno símbolo de solidariedade co que queremos amosar o noso apoio

aos nenos con autismo, despertar a nosa curiosidade por coñecer algo máis sobre

ALMORZOS SAUDABLES de Marzo 2012-13

Antes da Semana Santa realizamos outras 3 xornadas de ALMORZOS NA ESCOLA para aprender

como debe ser un almorzo SAUDABLE que nos proporciona a enrxía necesaria para traballar mellor!

Lembramos:

- é moi importante almorzar TODOS OS DÍAS.

- debemos almorzar TODOS XUNTOS.

- hai moitas formas de poñer LÁCTEOS, FROITA e CEREAIS.

CONTACONTOS Ignacio Vilariño

Antes das vacacións de Semana Santa despedimos o cole cunha actividade de animación á lectura moi suxerente:

o Contacontos Ignacio Vilariño, que veu dende Lalín para contarnos historias de Gianni Rodari, un fantástico escritor

de contos para nenos con gran imaxinación.

Ignacio foi moi divertido, e iso que dicía que estaba algo afónico! Se chega a ter voz... falaría en estéreo!

Nacho engatusándonos...

OBRADOIRO sobre RECICLAXE 2012-13

Recibimos a visita dun equipo especialista na reciclaxe do lixo.

Unha vez máis comprobamos a importancia de ser comprometidos co medioambiente.

Reciclar é cousa de todos!

Máis fotos na galería.

EXCURSIÓN Á CORUÑA 4º 5º 6º (2012-13)

O venres 15 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º realizou por adiantado a excursión de Fin de Curso á Coruña.

Primeiro visitamos o Museo do home "Domus" onde aprendimos moitas cousas relacionadas co ser humano.

Logo fumos comer xunto a Torre de Hércules, pois facía un día estupendo...

Powered by Drupal - Design by artinet