Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, establécese o prazo para presentar as solicitudes de admisión do 1 ao 20 de MARZO.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes:
- Recollendo o impreso ED550B no centro educativo.
- Descargando o impreso ED550B da páxina web do centro.
- Cubrindo a solicitude informaticamente na aplicación admisión alumnado (Solicitudes-admisión-crear), imprimíndoa, asinándoa e presentándoa no centro educativo.
- Cubrindo a solicitude informaticamente na aplicación admisión alumnado (Solicitudes-admisión-crear), firmándoa e presentándoa a través da Sede Electrónica mediante a Chave365 ou certificado dixital.
EQUIPO DIRECTIVO CEP PLURILINGÜE SANTA TEGRA
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SOLICITUDE ED550B GALEGO.pdf | 1.38 MB |