GRAZAS DOMUND

O mes de outubro celebramos e recordamos, como cada curso, en Relixión, a Xornada Mundial das Misións, DOMUND.

 Con tal motivo realizamos na aula, unha exposición de carteis decorados  con diferentes materiais co lema“CAMBIA O MUNDO”Ademais dunha saída (4º,5º e 6º) ao noso barrio para ver unha sinxela exposición fotográfica no baixo da igrexa Nosa Señora das Neves de Teis, sobre o labor dos misioneiros e misioneiras en Bolivia.

 Vimos as fotos distribuídos en seis grupos para reflexionar e responder ás seguintes cuestións: Que lles diriades?, que fariades?, que lle levariades?; descoñeciamos, nese momento, a historia de cada unha das 6 familias. Cando soubemos a verdade, puxémonos tristes, pero Gonzalo e Asunción contáronnos que grazas á organización Misevi (misioneiros vicencianos) estas familias poden ter unha vida máis digna e tamén nos ensinaron a valorar o que temos.

 

Na aula de Relixión escollemos por unanimidade dúas historias que queremos que coñezades:

 Julieta de 12 anos e o seu irmán Héctor de 10 cunha discapacidade intelectual, física e sensorial, son atendidos diariamente nun centro de rehabilitación e de educación especial, grazas a Misevi e a axuda recaudada polo DOMUND. O goberno de Bolivia no ten servizos de saúde adecuados para estes nenos e nenas.

 Cristina foi unha muller vítima da violencia de xénero e que a través do proxecto “Maquiswan Songowan Ruaska” que traducido do Quechua significa “feito coas mans e co corazón” recibíu un curso de capacitación na costura e financiación para ter a súa propia máquina de coser. Na casa realiza os traballos que logo se venden e así poder atender economicamente a súa familia, e poder ensinar e axudar a outras mulleres na mesma situación.

 

  No seguinte vídeo podedes ver unha mostra do que foi esta vísita á exposición de fotografías da Parroquia Nosa Señora das Neves de Teis.