MAIOS

   

   
   

Chegou o mes de maio e no colexio, como sempre coa axuda

do ANPA comezamos a preparar o noso Maio

para pór na rúa.

   

 

Pero aos de quinto este ano tocábanos ir axudar aos de infantil a facer o seu.

Inventamos unhas coplas e coa axuda de Dona Esther puxémoslle música.

 

   

O día 11 subimos ao Monte da Guía,

o seu maio ía  adicado ás abellas.

Dividíronnos en tres grupos, nós eramos

os maiores e axudabámoslle aos pequenos de infantil.

Un grupo recortou flores de plástico, pegándolle

no centro uns tapóns para logo ensartalas en tiras.

Outro grupo encargouse de cortar as flores dos

pampullos para cubrir unha abella e o terceiro

grupo elaborou con tapóns de cortiza unhas

abelliñas que se pintaron de amarelo con raias

negras, uns ollos de chinchetas e ás de celofán.

   

 

Logo uniuse todo o traballo montando o maio, quedou moi xeitosiño adornado coas flores,

coa abella grande enriba e as outras abelliñas revoloteando.

Despois de xogarmos un montón cos nenos de infantil, cantámoslle as coplas que levabamos ensaiado.

 

 

Pasámolo xenial!!!!

Máis imaxes na GALERÍA DE FOTOS