Día da Paz 2016

Este ano para conmemorar o Día da Paz, estamos a traballar  diferentes frases de persoas representativas da paz no mundo, 1º Teresa de Calcuta, 2º Mahatma Gandhi, 3º John Lennon, 4º Rigoberta Menchú, 5º Nelson Mandela, Juan Luis Vives e 6º Isaac Newton, Albert Einstein e Isaac Asimov.
Nas nosas clases analizamos co noso alumnado a vida do personaxe que elixiron e algunha frase dita por cada un deles e que consideramos son merecedoras dunha pequena reflexión: 
"A Paz comeza cun sorriso”. Teresa de Calcuta.
"Non hai camiño para a Paz, a Paz é  camiño". Mahatma Gandhi.
"Imaxina toda a xente vivindo a vida en Paz". John Lennon.
"A Paz non é soamente a ausencia da guerra; mentres haxa pobreza, racismo, discriminación e exclusión dificilmente poderemos acadar un mundo de Paz”. Rigoberta Menchú.
"A primeira condición para a Paz é a vontade de acadala". Juan Luis Vives.
“Non basta con falar de paz, un debe crer nela e traballar para conseguila”. Eleanor Roosevelt.
“Se queres facer as paces co teu inimigo tes que traballar con el”. Nelson Mandela.
“Os homes construímos demasiados muros e poucas pontes”. Isaac Newton.
“Cando me  preguntaron sobre algún arma capaz de contrarrestar o poder da bomba atómica, eu suxerín a mellor de todas: A PAZ”. Albert Einstein.
“A violencia é o último recurso do incompetente”. Isaac Asimov.
Por cursos elaboramos ao longo da semana murais para decorar os nosos corredores e portas das clases.  Conxuntamente faremos no patio, o venres 29 de xaneiro,  un recitado destas frases tan significativas así como unha escenificación da cantiga “Unha soa voz” de Macaco. Ademais recitarase o poema "Mundos posibles" logo de formar un quebracabezas como símbolo de que os únicos muros válidos sexan os que amosen mensaxes de PAZ.

     

Enlaces para traballar o Día da Paz:

DÍA DA PAZ