Entroido 2015

Que ben o pasamos na nosa festa de Entroido, este ano dedicado ao máxico mundo do circo!!!

A chuvia foi a culpable de non facer o tradicional desfile polo patio pero aínda así resultou estupenda.

Por uns intres o ximnasio converteuse nunha carpa chea de músicos, bailarinas, forzudos, alegres pallasetes, domadores, tigres, leóns, magos e por suposto os arquicoñecidos pallasos da tele, que nos fixeron soñar e foron quen de sacar nos asistentes un gran sorriso coas súas actuacións.

Comproben que fermosos traxes. 

GALERÍA DE FOTOS