Este curso tocoulle ao alumnado de 3º participar na actividade Imos sementar. Un proxecto de colaboración co Centro de Día Atalaia que comezou xa fai tres cursos e que cada ano deixa no alumnado unha experiencia moi gratificante. Nunha primeira fase os maiores viñeron ao noso colexio para sementar leitugas e logo, alá pola primavera, seremos nós os que os visitaremos no seu centro para plantar esas leitugas na horta. |
|
Para rematar, pensamos que sería boa idea poñerlles un pequeno invernadoiro para protexelos do frío e dos paxaros. |
|
Agora é a nosa responsabilidade coidar os viveiros para que crezan as leitugas e poder trasplantalas á horta na primavera. Grazas a Pilar, María, Luisa, Victoria e Carmiña por compartir connoscos os seus saberes. Máis imaxes na Galería de fotos e no blog do Centro de Día Atalaia.
|