ENTRECULTURAS

     O día 20 de outubro o alumnado de 4º, 5º e 6º de relixión tivo unha charla na biblioteca, sobre a ONG ENTRECULTURAS, con dous voluntarios que este verán estiveron en Nicaragua: David Viso profesor no colexio Jesuitas de Vigo e Andrés monitor no centro Loyola.

    Falaron da súa experiencia nese país mostrando un vídeo de como outros nenos viven tendo menos ca nós e o felices que son. 

     Mostráronnos imaxes do colexio que é moi difente ao noso: teñen só un espazo con cadeiras para todos os nenos e nenas, non hai cursos, estudan todos xuntos coa mesma mestra; utilizan o mesmo libro para todos polo que está moi estragado; cando xogan ao fútbol descálzanse para non rachar os únicos zapatos que teñen. Non hai baños, nin auga corrente, nin electricidade, nin proxector, nin ordenadores, nin EDI. Comen "frijoles" e arroz no mesmo recuncho onde estudan...

   David cantounos unha canción acompañado da súa guitarra que a escoitamos moi caladiños polo fermosa que era: “Perfume a tus Pies”

    Cando terminou a charla quedamos moi satisfeitos polo moito que aprendemos dun país que ata este momento coñeciamos moi pouco.