SAMAÍN 2013

A pesar de que a data coincidiu en día non lectivo, non quixemos esquecer a festa do SAMAÍN, lembrando así a antiga tradición celta. Máis información

Por iso nos días previos, as nosas clases convertéronse en obradoiros nos que confeccionamos adornos de medo para decorar as aulas e os corredores.

 Cadeas pantasmagóricas, escalofriantes morcegos, arrepiantes candeas e terroríficas pantasmas voadoras  pululan aínda polo colexio.

Ademais, como xa é costume no noso colexio, durante o mes de novembro poderemos visitar a exposición de libros "DE MEDO... NADA" e viaxar a través da lectura polo mundo do medo.      

Para ver máis fotos visita o enlace á nosa Galería de fotos