Camiña con nós pola Igualdade

  
O martes 31 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 2º nivel empezamos a nosa xornada escolar asistindo, na biblioteca do noso colexio, a unha charla que nos deu Mara, unha traballadora do Concello de Vigo.
O tema era a igualdade das persoas.
Aprendemos, a través de varias actividades lúdicas e dun pequeno conto que aínda que todas as persoas temos un aspecto físico diferente, debemos gozar dos mesmos dereitos.
Expresamos os nosos sentimentos a través de xestos e abrazos e Mara recordounos a importancia de respectar os sentimentos dos demais aínda que non sexan iguais aos nosos. 
Aquí vos deixamos estas fotografías para que vos fagades unha idea de como foi a charla.