O pasado 29 de abril o alumnado de 6º curso fixemos unha visita ao circuito do Castro en Vigo. Alí nos esperaban unha parella de policías, Pilar e Roberto, que se encargaron de explicarnos as normas de circulación e cal é o comportamento que se debe seguir cando saímos á rúa coa bicicleta. |
|
Repartironnos en dous grupos, xa que a actividade consta de dúas partes. Cubrir un test de 18 preguntas sobre normas de circulación e un percorrido de media hora por un circuito con semáforos e sinais de tráfico, para levar á práctica o aprendido coas explicacións.
|
|
Foi unha actividade moi divertida, ademáis para os que non sabían andar en bicicleta tiñen un kart con pedais para que ninguén se quede sen aprender. |