Letras Galegas no 1º ciclo

 Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín Uxío Novoneyra, autor ao que lle adicamos as Letras Galegas este ano 2010, cóntanos no seu libro "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" unha fermosa historia do Courel sobre unha princesa que vivía nunha torre. Un día un lobo, un corzo e un xabarín fixeron un pacto con ela.
Este texto é apto para lectores de todas as idades a partir dos cinco anos.
Aquí vos deixamos uns debuxos que fixemos os nenos de 1º e 2º para que vos fagades unha idea de que vai esta historia.
 Gif debuxos alumnado de 2º  Gif debuxos alumnado de 1º

 NON O DEIXEDES DE LER.

ESTÁ MOI BEN!