Cine en galego

 
Debuxos alumnado de 2º
Ola amiguiñ@s:

O venres 12 fomos ao cine Yelmox a ver o filme "Doraemon e o Imperio Maia". Gustounos moito.

Trataba dun gato robótico, Doraemon, que tiña poderes máxicos e axudaba ao seu amo Nobita a recoller información sobre os antigos maias para facer unha obra de teatro na escola.

Grazas aos inventos de Doraemon, Nobita e os seus amigos puideron viaxar ata o país de Mayana, onde os rapaces viviron divertidas e perigosas aventuras axudando ao príncipe Thio a salvar o seu Imperio Maia loitando contra a bruxa Ledina.